venres, 6 de xuño de 2008
Un modelo para o traballo por proxectos e secuencias
Produto do labor de tres asesoras bascas en coherencia coas competencias básicas e a metodoloxía que implican. Complementos aquí e aquí. Vía Tres Tizas.
Publicado por xanocebreiro . Ligazón permanente: 6/06/2008 1 comentarios
Etiquetas: blogues de lingua, produtos, recursos
sábado, 12 de abril de 2008
Videopoemas
Sara Jess:
Eliza Lucinda:
Manoel de Barros:
Publicado por xanocebreiro . Ligazón permanente: 4/12/2008 0 comentarios
Etiquetas: produtos
xoves, 3 de abril de 2008
Novas posibilidades para as presentacións multimedia
Á hora de presentar as composicións do alumnado, contamos con dúas ferramentas (engadidas agora á caixa) estupendas, cada unha coas súas potencialidades: Voice Thread e mais o SplashCast xa referenciado en Remexer. Esta permite integrar máis e mellor distintos tipos de documentos, pero Voice Thread é máis versátil á hora de fusionalos (pódese comentar unha imaxe e inserir marcas ou trazos asemade); alén disto, acepta a incorportación de comentarios en vídeo, voz ou texto por parte de calquera usuario. Velaquí unha anotación completiña. Pode ser moi axeitado para crear audio(vídeo)libros, coma este:
Publicado por xanocebreiro . Ligazón permanente: 4/03/2008 0 comentarios
Etiquetas: ferramentas
domingo, 24 de febreiro de 2008
Máis referencias para o traballo da expresión escrita na rede
- A composición e revisión (materiais APP)
- Avaliación no enfoque procesal da composición escrita (pdf)
- Centre de redacció
- Escriure a l'ESO (Quadern Dixital)
- Guía de produción textual e manual de redacción
Pasos | Cuestións | Recursos imprescindíbeis |
PLANIFICACIÓN | (Enfoque, información e estrutura) -Que características do tipo e xénero debo ter en conta? -Cales serán os destinatarios e que rexistro empregar en consecuencia? -Que obxectivos pretendo conseguir, con que intención escribo? -Que ideas/feitos quero recoller? -Como ordeno as ideas/feitos? | Técnicas de xeración de ideas: exploración... Técnicas de organización de ideas: mapas, esquemas... |
TEXTUALIZACIÓN | -Desenvolvo as ideas/feitos e encaixo as novas -Atendo as regras de mellora na escolla léxica e na construción de frases/oracións | Batería de conectores Recursos do tipo e xénero textuais ... |
REVISIÓN | Verifico se é adecuado o rexistro ...se as ideas/feitos seguen unha orde axeitada ...se cómpre substituír repeticións innecesarias por sinónimos, pronomes, etc. ...se hai claridade e precisión ...se hai suficiente expresividade (adxectivos, comparacións, etc.) ...se a puntuación é a axeitada ...se se organiza o contido en parágrafos coherentes ...se hai boa conexión entre as frases ...se non hai erros de lingua (corrección ortográfica, morfolóxica, etc.) Verifico cuestións concretas do tipo e xénero textuais. |
Publicado por xanocebreiro . Ligazón permanente: 2/24/2008 0 comentarios
Etiquetas: recursos
domingo, 10 de febreiro de 2008
Escriure a l'ESO
Publicado por xanocebreiro . Ligazón permanente: 2/10/2008 0 comentarios
Etiquetas: recursos
sábado, 9 de febreiro de 2008
Uso de Glinkr e Mindomo
Co emprego de ferramentas coma estas podemos reforzar a construción colaborativa (doada revisión das deficiencias, etc.) e autónoma de mapas mentais e conceptuais por parte do alumnado, realizando actividades como:
- - Plasmación de xerarquías mentais previas e revisión tras procurar e tratar información ao respecto.
- - Abordaxe de problemas e establecemento de procedementos de actuación.
- - Organización de contidos curriculares; ordenación e revisión de conceptos.
- - Organización de ideas xurdidas no grupo (tras un remuíño, etc.).
- - Apoio ás propias exposicións do alumnado.
- - Identificación de relacións entre conceptos.
- ...
Publicado por xanocebreiro . Ligazón permanente: 2/09/2008 0 comentarios
Etiquetas: ferramentas
sábado, 26 de xaneiro de 2008
A web 2.0 e as súas aplicacións didácticas
Ampla presentación de Pere Marquès das aplicacións online e o seu uso na educación.
Tres máis, non citadas aí nin empregadas aínda por nós, mais que semellan ter moitas potencialidades: Comiqs (creación de banda deseñada/fotonovela), circaVie (creación de frisos cronolóxicos con posibilidade de inserir imaxes e vídeos) e bookr (composición de libros en flash sobre imaxes de Flickr).
Un exemplo de cada un destes:
Unha práctica nosa pódese ver aquí.
Publicado por xanocebreiro . Ligazón permanente: 1/26/2008 0 comentarios
Etiquetas: ferramentas