venres, 6 de xuño de 2008

Un modelo para o traballo por proxectos e secuencias


Produto do labor de tres asesoras bascas en coherencia coas competencias básicas e a metodoloxía que implican. Complementos aquí e aquí. Vía Tres Tizas.

domingo, 24 de febreiro de 2008

Máis referencias para o traballo da expresión escrita na rede

Proceso básico





PasosCuestiónsRecursos imprescindíbeis
PLANIFICACIÓN(Enfoque, información e estrutura)
-Que características do tipo e xénero debo ter en conta?
-Cales serán os destinatarios e que rexistro empregar en consecuencia?
-Que obxectivos pretendo conseguir, con que intención escribo?
-Que ideas/feitos quero recoller?
-Como ordeno as ideas/feitos?
Técnicas de xeración de ideas: exploración...
Técnicas de organización de ideas: mapas, esquemas...
TEXTUALIZACIÓN-Desenvolvo as ideas/feitos e encaixo as novas
-Atendo as regras de mellora na escolla léxica e na construción de frases/oracións

Batería de conectores

Recursos do tipo e xénero textuais
...
REVISIÓNVerifico se é adecuado o rexistro
...se as ideas/feitos seguen unha orde axeitada
...se cómpre substituír repeticións innecesarias por sinónimos, pronomes, etc.
...se hai claridade e precisión
...se hai suficiente expresividade (adxectivos, comparacións, etc.)
...se a puntuación é a axeitada
...se se organiza o contido en parágrafos coherentes
...se hai boa conexión entre as frases
...se non hai erros de lingua (corrección ortográfica, morfolóxica, etc.)
Verifico cuestións concretas do tipo e xénero textuais.

domingo, 10 de febreiro de 2008

Escriure a l'ESO


Para o traballo na rede da planificación, textualización e revisión da escrita.

mércores, 12 de decembro de 2007

Escolma de espazos con materiais didácticos na rede.



Ademais dos materiais aos que se accede desde os blogues aquí ligados e dos publicados en sitios con considerábel difusión, como Ciberlingua ou Contidos da Consellaría de Educación, podemos atopar outros elaborados polo profesorado de lingua en:


Interesante material interdisciplinar:
A auga, aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial, do IES A Sangriña.
Distintas ferramentas de creación, con acceso tamén a materiais, en Galego para docentes.