Sábado, 12 de Abril de 2008

Videopoemas

Sara Jess:



Eliza Lucinda:



Manoel de Barros:

Quinta-feira, 3 de Abril de 2008

Novas posibilidades para as presentacións multimedia

Á hora de presentar as composicións do alumnado, contamos con dúas ferramentas (engadidas agora á caixa) estupendas, cada unha coas súas potencialidades: Voice Thread e mais o SplashCast xa referenciado en Remexer. Esta permite integrar máis e mellor distintos tipos de documentos, pero Voice Thread é máis versátil á hora de fusionalos (pódese comentar unha imaxe e inserir marcas ou trazos asemade); alén disto, acepta a incorportación de comentarios en vídeo, voz ou texto por parte de calquera usuario. Velaquí unha anotación completiña. Pode ser moi axeitado para crear audio(vídeo)libros, coma este:

Domingo, 24 de Fevereiro de 2008

Máis referencias para o traballo da expresión escrita na rede

Proceso básico





PasosCuestiónsRecursos imprescindíbeis
PLANIFICACIÓN(Enfoque, información e estrutura)
-Que características do tipo e xénero debo ter en conta?
-Cales serán os destinatarios e que rexistro empregar en consecuencia?
-Que obxectivos pretendo conseguir, con que intención escribo?
-Que ideas/feitos quero recoller?
-Como ordeno as ideas/feitos?
Técnicas de xeración de ideas: exploración...
Técnicas de organización de ideas: mapas, esquemas...
TEXTUALIZACIÓN-Desenvolvo as ideas/feitos e encaixo as novas
-Atendo as regras de mellora na escolla léxica e na construción de frases/oracións

Batería de conectores

Recursos do tipo e xénero textuais
...
REVISIÓNVerifico se é adecuado o rexistro
...se as ideas/feitos seguen unha orde axeitada
...se cómpre substituír repeticións innecesarias por sinónimos, pronomes, etc.
...se hai claridade e precisión
...se hai suficiente expresividade (adxectivos, comparacións, etc.)
...se a puntuación é a axeitada
...se se organiza o contido en parágrafos coherentes
...se hai boa conexión entre as frases
...se non hai erros de lingua (corrección ortográfica, morfolóxica, etc.)
Verifico cuestións concretas do tipo e xénero textuais.

Domingo, 10 de Fevereiro de 2008

Escriure a l'ESO


Para o traballo na rede da planificación, textualización e revisión da escrita.

Sábado, 9 de Fevereiro de 2008

Uso de Glinkr e Mindomo

video

[Con opción de velo nun tamaño maior, aquí]

[Demo de Mindomo]


Co emprego de ferramentas coma estas podemos reforzar a construción colaborativa (doada revisión das deficiencias, etc.) e autónoma de mapas mentais e conceptuais por parte do alumnado, realizando actividades como:
  • - Plasmación de xerarquías mentais previas e revisión tras procurar e tratar información ao respecto.
  • - Abordaxe de problemas e establecemento de procedementos de actuación.
  • - Organización de contidos curriculares; ordenación e revisión de conceptos.
  • - Organización de ideas xurdidas no grupo (tras un remuíño, etc.).
  • - Apoio ás propias exposicións do alumnado.
  • - Identificación de relacións entre conceptos.
  • ...

Sábado, 26 de Janeiro de 2008

A web 2.0 e as súas aplicacións didácticas


Ampla presentación de Pere Marquès das aplicacións online e o seu uso na educación.
Tres máis, non citadas aí nin empregadas aínda por nós, mais que semellan ter moitas potencialidades: Comiqs (creación de banda deseñada/fotonovela), circaVie (creación de frisos cronolóxicos con posibilidade de inserir imaxes e vídeos) e bookr (composición de libros en flash sobre imaxes de Flickr).
Un exemplo de cada un destes:










Unha práctica nosa pódese ver aquí.

Domingo, 20 de Janeiro de 2008

Utilidades web


O magnífico blogue de Antoni de la Torre, La Paraula Vola, inclúe agora no seu lateral Utilitats per al bloc, unha boa escolma cunha mínima indicación. Utilísimo.