domingo, 24 de febreiro de 2008

Máis referencias para o traballo da expresión escrita na rede

Proceso básico





PasosCuestiónsRecursos imprescindíbeis
PLANIFICACIÓN(Enfoque, información e estrutura)
-Que características do tipo e xénero debo ter en conta?
-Cales serán os destinatarios e que rexistro empregar en consecuencia?
-Que obxectivos pretendo conseguir, con que intención escribo?
-Que ideas/feitos quero recoller?
-Como ordeno as ideas/feitos?
Técnicas de xeración de ideas: exploración...
Técnicas de organización de ideas: mapas, esquemas...
TEXTUALIZACIÓN-Desenvolvo as ideas/feitos e encaixo as novas
-Atendo as regras de mellora na escolla léxica e na construción de frases/oracións

Batería de conectores

Recursos do tipo e xénero textuais
...
REVISIÓNVerifico se é adecuado o rexistro
...se as ideas/feitos seguen unha orde axeitada
...se cómpre substituír repeticións innecesarias por sinónimos, pronomes, etc.
...se hai claridade e precisión
...se hai suficiente expresividade (adxectivos, comparacións, etc.)
...se a puntuación é a axeitada
...se se organiza o contido en parágrafos coherentes
...se hai boa conexión entre as frases
...se non hai erros de lingua (corrección ortográfica, morfolóxica, etc.)
Verifico cuestións concretas do tipo e xénero textuais.

0 Comments: