domingo, 20 de xaneiro de 2008

Utilidades web


O magnífico blogue de Antoni de la Torre, La Paraula Vola, inclúe agora no seu lateral Utilitats per al bloc, unha boa escolma cunha mínima indicación. Utilísimo.

xoves, 17 de xaneiro de 2008

Máis sobre blogues no ensino


Um recurso e uma estratégia pedagógica (pdf), de Maria João Gomes. Tomado de do fio à teia, que amosa unha escolma de ferramentas web.

venres, 28 de decembro de 2007

Ferramentas complementarias na nosa caixa



Para eXe elearning, aínda que é unha ferramenta de non moi complicada utilización, sempre pode axudar este titorial da Universidade de Aveiro. Por certo, este titorial realizouse sobre a versión en inglés, mais cámbiase o idioma de traballo en Tools - Preferences. Un exemplo de actividade.
Para achegarse a Atenex, unha ferramenta moi completa pero complexa, este artigo de Jesús Serrano. O propio editor da Consejería de Educación estremeña inclúe titoriais. Con el pódense facer cousas coma esta.

sábado, 22 de decembro de 2007

Toufee: creación doada online de documentos Flash




Acceso a Toufee.

venres, 14 de decembro de 2007

Blogues educativos

Para introducirse no mundo dos blogues (con blogger): Els blocs educatius. Con documentos coma este:



Primeiros pasos en Remexer na lingua.
Ferramentas para a creación de blogues, en Traballando en lingua.

mércores, 12 de decembro de 2007

Escolma de espazos con materiais didácticos na rede.



Ademais dos materiais aos que se accede desde os blogues aquí ligados e dos publicados en sitios con considerábel difusión, como Ciberlingua ou Contidos da Consellaría de Educación, podemos atopar outros elaborados polo profesorado de lingua en:


Interesante material interdisciplinar:
A auga, aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial, do IES A Sangriña.
Distintas ferramentas de creación, con acceso tamén a materiais, en Galego para docentes.

Sen comentarios

Adaptado de Campanya TIC.