venres, 28 de decembro de 2007

Ferramentas complementarias na nosa caixa



Para eXe elearning, aínda que é unha ferramenta de non moi complicada utilización, sempre pode axudar este titorial da Universidade de Aveiro. Por certo, este titorial realizouse sobre a versión en inglés, mais cámbiase o idioma de traballo en Tools - Preferences. Un exemplo de actividade.
Para achegarse a Atenex, unha ferramenta moi completa pero complexa, este artigo de Jesús Serrano. O propio editor da Consejería de Educación estremeña inclúe titoriais. Con el pódense facer cousas coma esta.

3 Comments:

Jesús Serrano said...

Como veo que conocéis LIM, ahora con más tipos de páginas; os recomiendo otra herramienta que es bastante sencilla y lleva incluidos videotutoriales: Cuadernia

xanocebreiro said...

Grazas pola recomendación, Jesús. Xa consideraramos a posibilidade de empregar Cuadernia, que é unha ferramenta cuns resultados moi atractivos, mais non fomos quen de adaptala lingüisticamente e nós somos profesorado de lingua galega.
Un saúdo.

Anónimo said...

LIM é unha ferramenta galega, a primeira no concepto de libro interactivo, está ben que a copien fora de Galiza, pero recoñecendo aos que abriron o camiño.
A pesares da administración, eiqui estanse a facer moitas cousas e innovando en desenvolvemento de aplicacións educativas. Son galegas LIM e Ardora, esforzos persoais, que sería inxusto comparar con outras ferramentas nas que a administración inviste 600.000 euros ( cuadernia) ou 5 millóns ( agrega ).
Estou seguro que no futuro cuadernia aínda se parecerá máis a LIM, copiar é máis doado que inventar.