luns, 10 de setembro de 2007

Alicerces para un espazo común

Coa intención de crear unha comunidade de intercambio entre o profesorado de lingua galega e literatura, partimos da presentación, a través de feevy, das últimas propostas dos blogues da materia. Tamén fica aberta a posibilidade de publicar, non xa comentarios, senón artigos enteiros (post) unha vez que quen acceda ao blogue nos forneza un correo electrónico ao que enviar o acceso.

Coa finalidade última de coñecer, axeitar, mellorar e proxectar os usos didácticos das TIC, conectando e ampliando as iniciativas particulares, individuais e de centro, no marco contextual da Web 2.0:

0 Comments: